Enquisa Mobilidade

O Concello de Guitiriz implanta un servizo de recollida de enseres

O Concello de Guitiriz ofrece un servizo de recollida de enseres aos seus veciños.

Para poder facer uso deste servizo, habilitou o teléfono do concello (982 370 109) para estes avisos. A recollida levarase a cabo o 1º e o 3º mércores de cada mes. Os enseres a recoller deixaranse fóra do domicilio o día anterior á recollida.

Este servizo é para recoller os residuos que non teñen cabida nos contenedores nin nos puntos de plásticos agrícolas. Recóllense voluminosos como mobles, electrodomésticos e demais enseres de gran tamaño.

Etiquetas