Skip to main content
ActualidadeMeira

A asociación de empresarios de Meira terá a súa primeira reunión mañá

Por 5 Agosto, 2020Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Meira comunica que o vindeiro xoves 6 ás 20.30 horas  celebrará na casa da cultura a súa primeira asemblea xeral.

Esta será de carácter extraordinario e nela explicaranse os pasos dados ata rexistrar de novo a entidade na Xunta e tamén se informará sobre a inscrición dos socios, os estatutos e o estado de contas.

Ademais, presentaranse e votaranse as candidaturas á presidencia e informarase sobre as actividades que se pretenden facer nun futuro.