Skip to main content
Actualidade

Este venres e sábado pódese doar sangue nas Pontes

Por 6 Agosto, 2020Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará o venres 7 de agosto e o sábado 8 no Concello das Pontes, concretamente na praza do Carmen para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo o venres entre as 16.00 a as 21 horas e o sábado de 10.00 e as 15.00.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorazar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número 900.10.08.28.