Enquisa Mobilidade

Muras acolle o sábado un espectáculo de acrobacias

A área recreativa da Veiga acolle este sábado 8 de agosto unha actuación do equipo de circo e clown de Desastronauts da man de Culturactiva.

O espectáculo consta de acrobacias baixo o ceo “para desconectar e gozar en boa compañía”. A actuación terá lugar ás 19.00 horas.

Tomaranse coma cómpre as debidas precaucións de distanciamento físico entre persoas e uso de máscaras.

Etiquetas