Skip to main content
Actualidade

O Castro de Viladonga acollerá un campo de voluntariado de arqueoloxía

Por 7 Agosto, 2020Sin comentarios

Vanse ofertar prazas no campo de voluntariado que se celebrará este mes en Castro de Rei, será de temática arqueolóxica e dirixidos a mozos e mozas entre 18 e 30 anos.

O campo de voluntariado será no Castro de Viladonga e desenvolverase entre os días 13 e 24 de agosto. Os participantes traballarán en estreita colaboración co equipo arqueolóxico do castro en tarefas de limpeza e consolidación das súas estruturas arqueolóxicas

As persoas interesadas en participar nesta ou noutras iniciativas similares en distintos puntos de Galicia poden consultar a oferta e medios de inscrición na páxina web de Xuventude da Xunta de Galicia.

O prazo desta convocatoria pecharase tres días antes do inicio de cada campo.