Enquisa Mobilidade

O Concello de Castro de Rei pide aos veciños responsabilidade co uso da auga

O Concello de Castro de Rei fixo un chamamento á responsabilidade da veciñanza, ante unha prealerta por risco de seca activada por Augas de Galicia.

Así, pide aos veciños, que tendo en conta a situación de seca que se está a vivir e coa finalidade de lograr un uso responsable da auga procedente da traida municipal, rógalles aos abonados que se absteñasn de realizar usos indebidos como o rego de xardíns, encher piscinas, lavar os seus vehículos, e outros casos non esenciais para garantir o subministro.

Etiquetas