Os operarios do Concello de Xermade realizaron os últimos días traballos de humanización da zona exterior da biblioteca co obxectivo de habilitala para o uso dos veciños.
A intención do Concello é ofrecer “un lugar agradable e apracible onde gozar estes días de verán”. Tamén, teñen como obxectivo organizar neste novo emplazamento actividades municipais compatibles cos tempos covid-19 que se están a vivir.