Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade escolle aos gañadores do certame Arte-llando contra o virus

Por 7 Agosto, 2020Sin comentarios

O Concello de Xermade xa fixo público os traballadores gañadores do do certame de creación artística escrita e gráfica Arte-Llando contra o virus, no que os alumnos do Ceip expresaron a forma de ver a actual situación xerada polo covid-19: como viviviron o confinamento, as fases da desescalada, ou como se imaxinan o futuro.

Só por participar, todos recibirán como agasallo un vale de 20 euros para gastar en material escolar. Ademais, establecéronse tres categorías de premiados con tres gañadores.

Na categoría infantil, para o alumnado deste ciclo e primeiro de Primaria o concurso foi de debuxo. O gañador foi o traballo de Martina Fernández Salgado, por O confinamento mellor na aldea, seguida de Aldara Iglesias Barrio con No confinamento facedo gallegas. O terceiro foi para Gael Otero Gómez con Médicos contra o coronavirus.

Na categoría benxamín, na especialidade de conto, para o alumado de segundo a cuarto a gañadora foi Carla Casal Vilar, por O coronavirus e a alfombra máxica, seguida de Ainara Romero Baamonde con Todo comezou un xoves na escola. Pecha a clasificación Sabela López Silva con Sabela e os animais.

Tamén en conto para os maiores do colexio, a gañadora foi Sara Lorenzo Blanco con Corona e terra; Daniela Paz Pumares con Aurora vs Covid-19 e Aroa Blanco Prieto con E de repente o mundo parouse.