Enquisa Mobilidade

A biblioteca de Riotorto acolle tres sesións de contacontos

A biblioteca de Riotorto acollerá unha serie de actividades dentro do programa  co obxectivo de promocionar a lectura entre os veciños Estas actividades van dirixidas aos máis pequenos e consistirán nunha serie de contacontos.

O primeiro terá lugar este mes de agosto, concretamente o día 12, ás 12.00 horas, co espectáculo de Moc Moc Mere Clown titulado A verdadeira historia de Hamelin.

O 23 de setembro continuará a programación, ás 18.30 horas coa obras O coelliño branco, de Trinketrinke Teatro. Finalizará este ciclo con A maxia de Mary Poppins, de Leo Leiño o 23 de outubro.

Etiquetas