Skip to main content
ActualidadeMeira

Os comerciantes de Meira organizan as Festas do Quince polo comercio local

Por 10 Agosto, 2020Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Meira celebrou a súa primeira asemblea con 60 asistentes.

A primeira iniciativa que poñerá en marcha será a campaña Festas do Quince polo Comercio Local na que agasallaran aos clientes do comercio local con cinco vales para un sorteo por valor de 500 euros.

Esta actividade, celebrarase entre os días 10 e 17 deste mes e para obter os vales deberá realizarse unha compra superior a 30 euros, que dará dereito a unha participación.

O sorteo realizarase o día 20de agosto e os gañadores terán do 21 ao 31 para cambialos nos establecementos asociados a Acea.

De momento, a asociación conta con arredor de 70 socios, pero prevén captar a moitos máis negocios.