Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A ITV móbil estará en setembro en catro localidades de Guitiriz

Por 11 Agosto, 2020Setembro 8th, 2020Sin comentarios

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará os días 23, 24 e 28 de setembro no Concello da Guitiriz, para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00.

A unidade estará situada o primeiro día en Pígara, o segundo en Trasparga e o terceiro en Buriz. Nos dous primeiros será no campo da festa e no último detras do cemiterio.

Preivamente, o día 22, no polígono industrial de Guitiriz estará tamén a unidade móbil de inspección de turismos.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que non se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con aperos.