Éxito rotundo no campamento do Ceip Terrá Chá de Román

O campamento do Ceip Terra Cha en colaboración co centro de ocio MINDS celebrado do 21 de xullo e o 1 de agosto para nenos deu por rematada o seu primeiro ano cun éxito rotundo.

Así, os 10 nenos participantes Sara, Lennon, Xabi, Rubén, Saira, Zoe, Jose, Cloe, Lucas e Álex realizaron actividades ao aire libre como manualidades, deportes, xogos de auga, sendeirismo, música, horta urbana, expresión corporal, contacto coa natureza, picnics e acampadas.

Dende a organización agradecen participanción de todos os nenos e a Jose Manuel Lopez Barrio do Ceip por “poñer todo o seu esmero en ofrecer as instalación para poder levar a cabo este campamento”.

Etiquetas