Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

A ITV agrícola estará en Pol en setembro

Por 12 Agosto, 2020Sin comentarios

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará os días 17, 18, 21 e 22 de setembro no Concello da Pol, concretamente na praza de Galicia de Mosteiro, para atender a todos os veciños do termo municipal.

A atención ao público será entre o primeiro día entre as 16.45 e as 18.30, o segundo de 9.00 a 13.30, o terceiro de 8:00 a 18:30 e o úlitmo de 8.00 a 16.00 horas.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que no se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con aperos.