Enquisa Mobilidade

Este domingo será a homenaxe aos Irmáns da Lexía en Guitiriz

Este domingo 16 de agosto, véspera do Día da Galicia Mártir, Xermolos de Guitiriz celebra a Galicia Mártir coma en anos anteriores en Santa Mariña co III Memorial Irmáns da Lexía.

A localización desta celebración é porque é onde se ergue o monumento aos Irmáns da Lexía, e na que hai unha fosa onde foron soterradas varias persoas asasinadas despois do golpe de estado do 36.

Faranse unhas ofrendas de frores na fosa e no monumento e varias intervencións e no acto participaran xunto con Xermolos as peñas do Riazor Blues, a Peña Bebel e outros colectivos, xa que un dos detidos en Santa Maríña era xogador do Deporivo, Bebel.

O acto será ás 12.30 e haberá unha audición musical do cantautor arxentino Gustavos Fuentes que dedicou un traballo aos Irmáns da Lexia e a proxección dun video sobre o mesmo tema do Centro Social Gomes Gaioso de A Coruña.

Etiquetas