O Concello de Xermade acollerá en setembro un curso da USC para maiores de 50 anos

O Concello de Xermade acollerá en setembro un ciclo de charlas divulgativas baixo o título Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do conecemento.

Este ciclo está impartido pola USC e organizada polo IV Ciclo ou formacion universitaria para os maiores de 50 anos.

As datas de celebración son do 8, 9, 10, 14 e 15 de setembro e impartirase na Casa escola de Cabreiros, Xermade, en horario de de 16.30 a 18 horas.

O día 8 haberá un seminario sobre Biodiversidade e Conservación a cargo dos profesores Teresa Rodríguez López., da Facultade de Veterinaria, e Emilio Carral Vilariño, da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.

O día 9 será un encontro sobre O Corpo do Teatro, e o impartirá a profesora Paloma Lugilde Rodríguez. O luns 10 haberá unha saída á Fraga da Lagoa co profesor Emilio Carral Vilariño.

O venres 14 a profesora e licenciada en Historia da Arte e investigadora da Rede de Estudos Medievais, Carolina Casal Chico, impartirá o seminario Casais, casas grandes e pazos. Un paseo pola tradición popular e fidalga da Terra Chá.

Xa o sábado 15 a mesma profesora, Carolina Casal Chico, fará unha visita ao Torreón dos Andrade

Para máis información e matriculación haberá que poñerse en contacto co Concello de Xermade.

Etiquetas