Skip to main content
ActualidadeMeira

A banda de música municipal de Meira tocará nas Festas do 15

Por 13 Agosto, 2020Sin comentarios

A banda de música municipal de Meira vai celebrar as Festas do 15 dunha maneira moi especial.

Así, abrirán as festas cun concerto de inicio no que estiveron barallando opcións pero optaron pola responsabilidade e farán un directo desde o local de ensaio.

Este concerto será o venres 14 de agosto ás 21.00 horas, como se facía habitualmente antes do pregón.

Este apartado musical poderase desfrutar tamén nas redes sociais en directo e despois en youtube colgarano para poder seguir desfrutando.