Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

As 140 PCR realizadas aos traballadores de Guitiriz foron negativas

Por 13 Agosto, 2020Sin comentarios

Ante a evolución da crise sanitaria provocada pola COVID-19 o Concello de Guitiriz informou que as 140 PCR realizadas aos traballadores do invernadoiro foron negativas.

A alcaldesa, Marisol Morandeira, púxose en contacto co Sergas para solicitar información sobre o dispositivo despregado e para que se lle informe dos resultados das probas.

Desde o Concello lembran que é moi importante continuar mantendo as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias e xa coñecidas por todos: o uso obrigado da máscara, hixiene frecuente de mans e distanciamento social.

A Dirección Xeral de Saúde Pública informou hoxe, na última actualización, que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 938 e deles 93 son de Lugo, nove máis ca onte.

O número de positivos por coronavirus de Castro Ribeiras de Lea segue a continuar en seis.