Lugo volve pasar dos 100 casos activos por coronavirus

A provincia de Lugo volve rebasar os 100 casos activos, subindo 5 e quedándose en 104, cifra que non superaba desde o 21 de xullo.

Este venres coñecéronse as novas medidas para frear o incremento de casos entre as que destaca o peche do ocio nocturno, que se producirá na madrugada do domingo ao luns ás 0.00 horas.

Sigue habendo catro hospitalizados na provincia lucense aínda que ningún na Uci, e o número de PCR realizadas en toda Galicia é de 277.462.

​A Dirección Xeral de Saúde Pública informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.158, 105 máis que onte, e deles, 104 son da provincia de Lugo.

Etiquetas