Enquisa Mobilidade

O vilalbés Martiño Maseda foi o gañador do I Concurso de Poesía Rural de Trives

O vilalbés Martiño Maseda foi o gañador do I Concurso de Poesía Rural de San Xoán de Río do Concello de Trives en Ourense.

O Concello fixo entrega do galardón ao poeta nado en Vilalba e autor de obras como Nos labirintos da alma e e administrador de Culturalia GZ.

O poeta acudiu ao acto acompañado pola súa familia e recibiu como agasallo un lote de produtos locais.

Este certame está dirixido a autores consagrados e a novos talentos que queiran contribuír a poñer aos lectores en contacto co presente, pasado ou futuro do mundo rural.

Etiquetas