Skip to main content
Actualidade

A Deputación acollerá un curso para concellos sobre rehabilitación urbana

Por 17 Agosto, 2020Sin comentarios

O Pazo de San Marcos acollerá o curso Análise da Lei 1/2019 de Rehabilitación e de Rexeneración e Renovación Urbanas entre os días 17 e 19 de novembro, unha acción formativa dirixida aos empregados públicos dos concellos da provincia. A actividade enmárcase no Plan Interadministrativo 2020 do Instituto Nacional de Administracións Públicas (INAP), organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública, coa Deputación de Lugo.

A convocatoria desta acción formativa conxunta vén de publicarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e forma parte do convenio de colaboración entre a institución provincial e o Ministerio de Política Territorial para a realización en Lugo de formación dirixida ao persoal ao servizo das corporacións locais.

O curso, de 20 horas lectivas, ten como finalidade dar a coñecer en especial as implicacións urbanísticas edificatorias no ámbito local, as consecuencias na organización administrativa da actividade de rehabilitación e rexeneración urbana e a incidencia no ámbito da planificación e xestión, así como as diversas áreas de rehabilitación e as medidas de fomento. Dispón de 40 prazas e o prazo de solicitude remata o 26 de outubro. A inscrición pódese efectuar en https://buscadorcursos.inap.es