Skip to main content
ActualidadeMuras

Celebran o 28 unha ruta de sendeirismo Starlight pola Serra do Xistral

Por 17 Agosto, 2020Sin comentarios

Marmar Outdoor, en colaboración co Concello de Muras, organiza un roteiro de sendeirismo nocturna Starlight pola Serra do Xistral o próximo venres 28 de agosto a partir das 21.30 horas. Trátase dunha actividade gratuíta.

O lugar de quedada será de novo O Viveiró e desde alí partirá un roteiro de nove quilómetros que contará con interpretación das estrelas a cargo de Marcos López Alonso.

Ademais, haberá reportaxe fotográfico sobre esta experiencia. A actividade é gratuíta e para participar nela recoméndase roupa de deporte, preferiblemente longa, calzado deportivo, unha peza de abrigo e unha lanterna ou luz frontal.

A actividade conta con 20 prazas e a inscrición pode realizarse dende a páxina www.marmaroutdoor.es.