Enquisa Mobilidade

O PSOE de Cospeito solicita unha xunta de voceiros para falar da situación do covid-19

O grupo municipal socialista de Cospeito, que dirixe Rosa Morán, presentou unha solicitude para que o alcalde convoque a Xunta de Portavoces do Concello á vista da situación de actual con respecto á presencia de contaxios no termo municipal.

“Como voceira do grupo municipal socialista Socialista de Cospeito solicitamos esta xunta  porque así o acordamos por unanimidade todos os grupos municipais, pero aínda non fomos convocados, cando o acordado xa era unha vez rematado o estado de alarma. Pero ante o empeoramento da situación e ante os casos positivos no noso Concello, parécenos  que debemos estar informados e entre todos poder debatir o mellor para os nosos veciños”, indican na súa petición.

“Ante todo isto, a noso propósito non é  alarmar, nin culpabilizar a ninguén, senón todo o contrario, axudar a buscar solucións”, puntualizan.

“Non pretendemos coñecer nomes nin datos concretos de persoas, porque hoxe tocou a unhas e mañá tocarnos a outros, pero sí saber cal é a situación do Concello, que medidas se están adoptando e tamén como xa fixemos en xuño, volver a propoñer axudas para aliviar a situación de moitos negocios do noso concello que teñen que estar pechados ou cunha importante baixadas de ingresos, así como a traballadores que se quedaron sen traballo ou con xornada reducida”, engaden.

Os socialistas aseguran que queren debatir propostas, “e aínda que daquela o Goberno Municipal non quixo aprobar ningún tipo de axudas para veciños con dificultados, como  si o fixeron a gran parte dos concellos, agora é tempo de que se faga”.

“Hai que ter en conta que según o previsto o curso académico iniciarase en breve e parécenos que as cousas non están moi claras, e aínda que a maioría das competencias son da Xunta de Galicia, tamén os concellos teñen a súa parte de responsabilidade, por exemplo na limpeza dos centros”, engaden.

“En resumen, que queremos e debemos estar informados e o tempo sentímonos na obriga de aportar todo o que poidamos e tamén queremos dar ánimos e forza a tódalas familias  que están a sufrir este virus e solidarizarnos con eles, porque calquera de nos pode verse nesa situación. Pregamos a todos prudencia e responsabilidade no cumprimento das normas impostas, son polo ben de todos”, conclúen.

Etiquetas