Skip to main content
Actualidade

A Casa do Mel de Goente comeza mañá un curso de iniciación á apicultura

Por 20 Agosto, 2020Sin comentarios

A Casa do Mel de Goente, nas Pontes, organiza un curso de 20 horas de iniciación á apicultura que se celebrará do 21 ao 30 deste mes. As clases serán teóricas e prácticas.

A primeira xornada terá lugar este venres, de 16.00 a 21.00 horas. E o sábado 22 e o domingo 23 o horario será de mañá, de 9.00 a 14.00 horas.Finalizará o curso o día 30, domingo, tamén con xornada de tarde.

Todos aqueles que desexen asistir, poden informarse ou inscribirse no número de teléfono 661.00.36.16.