Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba recibiu coas bonificacións máis de 60 solicitudes de obra

Por 20 Agosto, 2020Sin comentarios

Desde que o pasado mes de xullo o Concello de Vilalba aprobara a supresión de taxas e tributos sobre construcións, instalacións, obras e licenzas de primeira ocupación, xa se recibiron máis de 60 solicitudes para realizar algún tipo de intervención.

Segundo informou o edil de Economía e Facenda, Luis Fernández, “a medida tivo unha magnífica acollida entre a veciñanza, que está a solicitar máis obras ca nunca”. En concreto, foron 60 obras menores as solicitadas polos vilalbeses e vilalbesas, o que supuxo un aforro medio por veciño de 250 euros en tributos. Isto supuxo ata o momento máis de 12.000 euros de aforro polas licencias de obra e uns 3.000 pola taxa de 50 euros.

En obras maiores, foron 4 as solicitudes recibidas polo consistorio, que tan só aboaron un 1%, en vez do 2% que estaba establecido antes da modificación desta ordenanza municipal. Isto se traduce nun aforro duns 3.000 euros polas licencias e uns 150 euros en tasas. “En total, os veciños e veciñas de Vilalba aforraron uns 18.000 euros”, apuntou Luis Fernández.

A medida adoptada polo goberno local non só está a ser beneficiosa para a veciñanaz, senón tamén para o sector da construcción, xa que está a supoñer unha importante reactivación de traballo para decenas de empresas de obras, fontanería, pintura e outras relacionadas coa construcción.

Cabe lembrar que esta modificación da ordenanza fiscal foi apoiada pola Asociación de Empresarios da Construcción da provincia de Lugo, que calificou a medida coma un exemplo de cómo facer política fiscal para aplicar ao sector.

Desde o Concello de Vilalba xa anunciaron que a medida seguirá en vigor o que resta de 2020 e durante todo o ano 2021, “aínda que poderemos ampliar ou estudar outras medidas sempre para reducir o impacto económico desta crise sobre os nosos veciños”, explicou o edil de Economía.