Enquisa Mobilidade

Os atletas ponteses de Olympo non volverán á escola deportiva ata xaneiro

Debido á actual situación de incerteza sanitaria, a escola de atletismo Olympo das Pontes anunciou que pospuxeron ata despois do Nadal o inicio da escola de atletismo.

“Queremos ser cautelosos e esperar a evolución do inicio da actividade escolar e ver a repercusión na saúde da poboación, xa que para nós, a saúde dos nosos é o máis importante”, indicaron os responsables de este organismo deportivo.

A intención é iniciar a actividade en xaneiro.

Etiquetas