Abre o prazo de presentación de solicitudes para o PAI de Muras

Xa está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de praza no Punto de Atención á Infancia (PAI) para o curso 2020-2021. Este será o terceiro ano escolar que estará en funcionamento aínda que no primeiro só estivo uns meses.

O PAI de Muras conta cun número de prazas reducido, con estricto cumprimento das medidas de seguridade ante a covid-19 e cunha metodoloxía de calidade por proxectos.

O prazo de presentación remata o 25 de agosto e ten que facerse no rexistro do Concello nas Oficinas Xerais, con cita previa no teléfono 982 500001. Ou tamén no rexistro electrónico do Concello. As persoas que queiran coñecer as instalacións tamén poden facelo concertando cita coa súa responsable, Alba Pernas, no teléfono 655 470 548.

Etiquetas