O Concello de Guitiriz asegura que non recibiu ningunha chamada do 112 polo tractor siniestrado

O Concello de Guitiriz deu resposta ás críticas verquidas polo Sindicato Labrego Galego sobre “a falta de persoal contrincendios” no municipio, causa que esgrimiron para xustificar o incendio dun tractor en Labrada.

Segundo explican dende o Concello, no se recibiu ningún aviso desde o 112. “Temos persoal contratado no marco do Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia, coordinados directamente polo Distrito Forestal de Vilalba, que neste caso tampouco foron avisados”, indica fontes municipais.

Engadiron tamén que o servizo cúbrese desde as 8 da mañá ata as 12 da noite, 16 horas. “Que un sindicato denuncie falta de medios sen contrastar a información parécenos moi grave, e máis cando parece que estamos ante unha falta de coordinación que nada ten que ver co Concello de Guitiriz”.

Etiquetas