Enquisa Mobilidade

Paco Castro dirixirá o banco do Xermade a próxima tempada

Paco Castro adestrará ao Xermade a próxima tempada 2020/21, tal e como anunciou o club. O preparador pontés volve á que fora a súa casa despois da non continuidade de Daniel Lourés Pico, Rebolo, por motivos laborais.

Desde o CD Xermade “queremos agradecer a Rebolo o gran traballo feito nos últimos catro anos, logrando un ascenso a Primeira Rexional na súa primeira temporada”.

De feito o adestrador que deixa o Xeramde locou colocar ao club en Primeira Autonómica no seu primeiro ano ao fronte do club aínda que o equipo volvería a Segunda por arrastras e alí se mantivo as últimas campañas.

Etiquetas