Skip to main content
A PastorizaActualidade

Abre unha mostra de pintura de Mónica Justo no Fogar de Maeloc

Por 24 Agosto, 2020Sin comentarios

A sala de usos múltiples do Hábitat Cultural Fogar de Maeloc, ubicado na casa da cultura da Pastoriza, acolle estes días unha mostra da obra pictórica de Mónica Justo.

É a mesma autora a que se define coas súas propias palabras: “No camiño, vou recollendo naturezas, sentimentos, caracolas, imaxes e persoas que conforman o meu mundo… e a través da arte o interpreto”.

A mostra pódese visitar ata o vindeiro 18 de setembro, de luns a venres en horario de 9:30 a 18:00h.