Carballo Vivo organiza en Friol un curso de fotografía para nenos o venres

A asociación Carballo Vivo celebrará o próximo 28 de agosto un curso dirixido a peuqenos de 8 a 14 anos de iniciación á fotografía.

Co título Xogando coa fotografía impartirase esta curso que se desenvolverá entre as 11.00 e as 13.00 e de 16.30 a 18.30 horas no centro sociocultural de Friol a cargo de Cándido Díaz Mosquera.

O obxectivo do curso é ofrecer a metodoloxía lúdica para aprender recursos básicos de fotografía e do entorno para a adquisición das competencias dixitais e artísticas.

A inscrición terá que realizarse unicamente este martes ás 10.00 horas a través un formulario no facebook da asociación Carballo Vivo e a través dos grupos de whatsapp de diferentes asociacións e Anpa. O admitidos recibirán confirmación ao día seguinte.

Etiquetas