Skip to main content
A PastorizaActualidade

O Concello da Pastoriza mellorará pistas en Corvelle e A Rigueira

Por 24 Agosto, 2020Sin comentarios

O Concello da Pastoriza ten aberto o proceso de licitación da obra de mellora de camiños nos lugares de Bouzas, na parroquia de San Martiños de Corvelle, e O Estreito, na da Rigueira.

Esta obra conxunta ten un orzamento total de 59.811,51 euros, dos que algo máis do 82% financiarase con cargo ao Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

O resto do orzamento, 10.380 euros, estarán a cargo do Concello.

Segundo indicaron, o prazo de execución é de tres meses e os traballos consistirán na mellora do pavimento dos citados camiños, que contan cunha lonxitude de 300 metros no caso de O Estreito e de algo máis de dous quilómetros no de Bouzas.

As obras consistirán na reparación das deformacións e roturas do firme mediante recarga de grava e regas asfálticos a base de emulsión tipo ECR-2 e gravas miúdas. Tamén se realizará a mellora da drenaxe lonxitudinal mediante a limpeza de cunetas.