Enquisa Mobilidade

Haberá misa por San Ramón e Santa María os días 31 de agosto e 1 de setembro

Malia que se suspenderon as actividades culturais vinculadas ás festas de San Ramón e Santa María, a igrexa parroquial de Vilalba acollerá dúas cerimonias relixiosas, concretamente os días 31 de agosto e 1 de setembro, coincidindo coa festividade dos patróns da capital chairega.

As misas sarán comezo ás 12.00 horas.

Como medida excepcional, a causa da crise sanitaria provocada polo coronavirus, seguirase o protocolo de hixiene e distancia de seguridade no interior do templo e quedan suspendidas as tradicionais procesións.

Coincidindo con estas celebracións, darán comezo as obras de mellora na igrexa de Santa María, que afectarán á fachada, ás torres e á cuberta que está situada sobre o coro, onde se localiza o órgano. Estes traballos teñen un custo total duns 23.000 euros.

Etiquetas