Proxección do documental sobre o liño en Friol

Este xoves, 27 de agosto, proxectarase no campo da feira de Friol o documental O Liño. A proxección terá lugar ás 19.30 horas e está aberta a toda a poboación.

Ademais, estarán presentado o acto Xosé Manuel Felpeto, Francisca Abuín e Suso Rodríguez.

Neste documental recóllese o labor que realizan dende a Asociación Mulleres San Bartolomé de Insua, que están a recuperar o cultivo e tratamento do liño nesta localidade vilalbesa.

Etiquetas