Skip to main content
Actualidade

O Concello de Castro destina más de 200.000 euros a obras en vías municipais

Por 26 Agosto, 2020Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei ten previsto destinar máis de 200.000 euros á rexernación de varias vías municipais.

Segundo informa o seu alcalde, Francisco Balado, recentemente remataron os traballos de rexeneración da vía que une o barrio do Tourodal coa Igrexa, cemiterio e Escola de Prevesos, executada con cargo aos remanentes do Plan Único da Deputación correspondentes á pasada anualidade así como recursos muncipais. O orzamento da obra roi de 38.990,84 euros, sendo a achega municipal de 8.413,35 e o resto da Deputación.

Por outra banda, estanse a iniciar os traballos de mellora de accesos á igrexa e cemiterio de Santa Eulalia de Dumpín e do  barrio de Bagoi, unha obra con cargo a unha subvención de Presidencia por importe de 44.000 euros, dos que o 70% corresponden á axuda e o resto á aportación municipal.

Ademais, o Concello iniciou a licitación da obra de mellora dos accesos da estrada de Quintela a San Martiño de Goberno, con cargo o Plan Marco de Camiños da Xunta de Galicia, cun orzamento de 65.369 euros. A obra consiste na rexeneración da vía mediante tres capas de rego asfáltico, o que suporá a mellora dunha vía moi transitada que comunica con dúas estradas de titularidade municipal, dando acceso a dúas zonas de concentración parcelaria.

Están están a licitar estes días a obra de mellora de accesos de vías en Sandamil, en Santa Locaia, A Granda (Triabá) e San Martiño de Goberno, por importe de 44.000 euros, coa finalidade de reparar tramos de vías que se atopaban en estado de deterioro.

Finalmente, con cargo a fondos propios, o Concello está a executar traballos de rexeneración de vías municipais por importe superior a 80.000 euros nas parroquias de Pacios e Santa María de Outeiro, estando pendentes outras zonas como Azúmara, Bazar e Santa Locaia.