Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Pódium para as atletas de Friol na súa volta á competición

Por 26 Agosto, 2020Sin comentarios

Boa actuación das representantes do Atletismo Friol na volta as competición atléticas despois do confinamento. O mes de agosto foi o escollido pola Federación Galega de Atletismo para establecer a volta a competición, despois de varios meses de traballo conxunto coa Secretaría Xeral para o Deporte no establecemento un protocolo de participación para o atletismo.

Na primeira competición, na Festa do Atletismo Galego, disputada en Pontevedra, María Carballido facía o seu debut na tempada de aire libre na proba dos 400 metros lisos, onde lograba a terceira posición nesta proba cun tempo de 60 segundos. Días despois tiña lugar o Ourense Thermal Meeting, unha proba de carácter nacional e na cal estiveron presentes dúas atletas do club de Friol. María Carballido tomaba parte na disciplina dos 800 metros lisos, onde acadaba a segunda posición cun crono de 2.20 minutos na final A, mentras que a súa compañeira de equipo, Nerea Lage, remataba na terceira posición na final B, onde lograba un rexistro de 2.25 minutos.