Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras acolle un obradoiro de teatro para nenos este venres

Por 27 Agosto, 2020Sin comentarios

O Concello de Muras prepara para este venres, 28 de agosto, un  obradoiro de teatro para rapaces e rapazas que durará toda a mañá xa que se prolongará de 10:00 a 13:00. O lugar escollido para a súa celebración será a Casa do Médico.

Os innteresados en participar poden anotarse no teléfono 982 500001, no concello e o prazo remata hoxe.

Por outra banda, quedou aprazada a sesión de cine nocturno prevista para este sábado 29 ás 22.00 horas na área Recrativa A Veiga coa proxección de María Solinha, película rodada este ano dacabalo entre dous séculos.

O Concello decidiu aprazar a proxección debido ao importante aumento de casos de covid-19 os últimos días.