Enquisa Mobilidade

Aprazado o PargaRock previsto para o día 5 de setembro

Tras ter rematado o programa, os organizadores do Parga Rock anunciaron que aprazan esta edición debido ao incremento de casos de coronavirus que se están a dar na zona e tamén pola dificultade que supón en eventos así manter as distancias de seguridade.

“Poucas veces dende a organización do Parga Rock Festival tivemos que pasar por un trance tan duro. Nunca chegamos a estar tan perdidos… Este bicho que nos ten a todos amedrentados conseguiu o seu propósito e fixo que tiveramos que aplazar esta edición do noso festival”, din os organizadores.

O Parga Rock estaba previsto para o 5 de setembro e contaba coa participación de é Dark Embrace, Raze, Nuada, Gran Reserva e os Rastreros.

Esto non é un final”, aseguran desde a organización.

Etiquetas