Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba remata as obras de mellora na escola infantil

Por 28 Agosto, 2020Sin comentarios

O Concello de Vilalba vén de realizar importantes melloras na Escola Infantil Municipal de cara ao próximo curso. A principal intervención foi substituír a cuberta do edificio, xa que presentaba filtracións e nos últimos anos producira importantes problemas de humidades e pingueiras. Aproveitando o bo tempo destes pasados días, realizáronse estas tarefas de colocación da nova cubrición, orzamentadas en 9.938 euros.

Ademais desta importante obra, realizáronse outras melloras como a habilitación dunha pequena zona exterior e a transformación do antigo carto do depósito da caldeira de gasoil nun almacén. Tamén se levaron acabo tarefas de mantemento, como o pintado de paredes e a limpeza e desinfección integral da escola. En todos estes traballos investíronse algo máis de 1.996 euros.