Remata o Verán dixital de Guitiriz

Onte rematou a edición de Verán dixital 2020. Actividade que tiña como obxectivo introducir aos máis pequenos no mundo das novas tecnoloxías, de forma divertida, práctica e responsable.

Esta actividade levouse a cabo na Aula CeMIT Guitiriz durante os meses de xullo e agosto, en horario de 10:00h a 11:30h, e na cal participaron 20 cativos e cativas con idades comprendidas entre 9 a 12 anos de idade.

Na quenda de agosto, empregando o libre office impress, crearon un pasapalabra dixital no que a temática foron os 17 obxectivos do desarrollo sostible da ONU.

Etiquetas