Enquisa Mobilidade

Abre o prazo de matrícula no conservatorio das Pontes para as probas de acceso

O Conservatorio Profesional de Música das Pontes abre o prazo de matrícula para as probas de acceso a cursos distintos de 1º de grao elemental e profesional no Conservatorio Profesional de Música das Pontes.

A matrícula pode tramitarse de forma telemática na sede electrónica do Concello ou presencialmente no Rexistro do Concello solicitando cita previa nos números de teléfono de 667 12 93 89 ou 667 12 93 80, que estarán operativos, en horario de mañá, de 08:30 a 13:30 horas. O prazo remata o 8 de setembro.

A matrícula para as probas de grao elemental  é de balde mentres que a matrícula para o grao profesional ten unha taxa de 100€ (50€ para familia numerosa) que hai que aboar,  previamente,  na oficina de recadación do Concello situada na Avda. Castelao 36, ou no número de conta ES 1920800230693110000012, indicando no concepto: “matrícula proba acceso conservatorio” e o nome do alumno ou alumna

Etiquetas