Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O PM Friol mantén aberto o prazo de inscrición para a próxima tempada

Por 31 Agosto, 2020Sin comentarios

O club friolés Peluquería Mixta Friol atópase planificando a vindeira tempada 2020-2021, polo que mantén aberto o periodo de inscrición na mesmo.

O club está formado por mulleres que compiten nas ligas máis destacadas do fútbol feminino galego e nacional.

As interesadas en sumarse poden facelo en dúas categorías diferenciadas, a de alevín-infantil para pequenas de 11 a 14 anos, e a de Primeira Autonómica, para as maiores desa idade.

Para inscribirse é necesario cubrir o formulados da web pmfriol.com ou enviar un correo a geluco10@hotmail.com. Tamén están a disposición das xogadoras os teléfonos 636 378 110 ou 649 423 743.