Enquisa Mobilidade

O PSOE de Abadín pide un pleno extraordinario para que o alcalde conteste todas as súas preguntas

O grupo socialista de Abadín presentou unha solicitud para a convocatoria dun pleno extraordinario “ante a falla de información e transparencia do equipo de goberno local”.

O PSOE considera que “un principio democrático fundamental é que a oposición poda levar a cabo o control e fiscalización do alcalde e, para iso, suscitamos a convocatoria dun Pleno Extraordinario. Para facer efectivo este control é ineludible que o alcalde dea resposta as mocións e preguntas que levamos presentando fai meses e a data de hoxe ainda non obtivemos resposta”, explican.

Aseguran tamén que ao Alcalde correspóndelle responder “de forma persoal e direct”a a todas as preguntas e requerimientos que os concelleiros, “como representantes democráticos dos veciños”, quéiranlle facer.

 

Etiquetas