Enquisa Mobilidade

Nerea Lage e María Carballido soben ao podio nos campionatos galegos da Coruña

Nerea Lage e María Carballido volveron deixar moi alto ao Club Atletismo Friol no Campionato Galego Absoluto, así como no campionato galego sub 18 e sub 20, que de forma conxunta se disputou na Coruña a pasada fin de semana.

María Carballido lograba conquistar a medalla de bronce no campionato absoluto, conseguido ademáis a medalla de ouro na categoría sub 20 na proba dos 400 metros lisos. María marcaba un tempo de 60 segundos que lle acreditaban o acceso ao podio neste autonómico que se disputou baixo intensas medidas de protección fronte á pandemia.

Pola súa banda, Nerea Lage tamén subía por partida dobre ao podio, xa que conseguía a medalla de bronce no autonómico absoluto na proba dos 1.500 metros lisos, onde marcaba un tempo de 4,55 minutos, tempo que lle permitía tamén conseguir a medalla de ouro no seu campionato de grupo de edad, é decir, na categoría sub 18.

Ambas deportistas seguirán en setembro coa tempada de pista sempre e cando as condicións sanitarias permitan a celebración de competicións e teñen previsto acudir aos campionatos de España previstos para o mes de outubro.

Etiquetas