Enquisa Mobilidade

Adxudicadas en Xermade as obras de mellora de camiños do Plan Agader

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade adxudicou a obra Mellora de camiños en A Pena, As Ribas e Burgás, incluida do Plan de mellora de camiños 2020-2021 de Agader, á empresa José Sanjurjo Construcciones SL, logo da licitación mediante procedemento aberto simplificado.

A adxudicataria obrígase a executar a mencionada obra polo importe de 37.596,08 euros e 7.895,28 euros correspondentes ao IVE, o que supón un total de 45.491,26 euros (IVE engadido), as melloras ofertadas (limpeza ou reapertura de foxo e beiravía por ambas marxes, con motoniveladora, incluíndo carga e transporte a vertedoiro (3.846 m lineais) e ampliación de garantía de dous (2) anos, consonte á oferta presentada.

O contrato formalizouse o 31 de agosto de 2020 e as obras iniciaranse de inmediato.

Etiquetas