O coronavirus cóbrase a vida de tres persoas máis en Lugo

A pandemia segue sen estar controlada na provincia de Lugo que eleva ata 786 o seu número de casos activos, 27 máis que onte e tras sumar 40 contaxios novos xa que se deron dez altas.

Tamén se rexistraron na xornada de onte tres falecementos máis o que eleva a cifra total a 41. Trátase de dúas muilleres de 94 e 86 anos que eran usuarias do centro de maiores do Incio, polo que o total de decesos neste centro é de 9. O tercer morto é un varón de 84 años que presentaba patoloxías previas e que tamén permanecía no Lucus Augusti.

No tocante aos datos acumulados, tres persoas continúan na UCI, unha menos que onte e 33 ingresadas en planta (unha delas na Mariña e o resto no Hula) o que supón dúas máis. Ademais, xa son 1.376 as altas producidas, dez máis que onte, e 2.203 as persoas afectadas dende a orixe da pandemia.

Por zonas, os novos positivos corresponden en maior medida ao gromo detectado en Lugo, que leva máis da metade mentres que no de Monforte só se sumaron dous máis. O outro gromo moi activo é o detectado na residencia DomusVi Lugo de Outeiro de Rei, que xa leva 21 novos positivos nas últimas datas.

Mentres tanto, as 170 probas realizadas aos veciños do Incio deron todas negativo.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.847 deles 1.387 son da área da Coruña, 786 da de Lugo, 362 da de Ourense, 250 da de Pontevedra, 269 da área de Vigo, 644 da de Santiago, e 149 da de Ferrol. Esto supón 105 casos máis que nas últimas 24 horas con aumentos en todas as áreas sanitarias.

Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI (3 máis), 156 en unidades de hospitalización (13 máis) e 3.677 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.879 persoas curadas (108 máis), rexistrándose 648 falecementos (4 máis).

Nas residencias de maiores, o número de afectados entre usuarios é de 165 (1 máis que onte), a maioría concentrados nos xeriátricos do Incio e Outeiro de Rei; mentres que o número traballadores destes centros contaxiados é de 60, seis máis respecto á xornada previa.

Etiquetas