Enquisa Mobilidade

O obradoiro de emprego acondiciona a contorna do centro cultural no río Azúmara

O Concello de Castro de Rei está a realizar as tarefas de limpeza e acondicionamento de toda a área recreativa que acolle o centro cultural Xosé Manuel Carballo, ás beiras do río Azúmara.

As tarefas están ao cargo do obradoiro de emprego e consisten nunha limpeza e desbrozado da zona así como o acondicionamento e pintado. Parte dos traballos contemplaron levantar o cemento naqueles lugares onde estaba deteriorado e volver a facer o lousado e o pintado da zona.

Ademais, estas obras permitiron, entre outras melloras, recuperar o sendeiro orixinal de pedra que se atopaba cuberto de maleza e sen uso.

Etiquetas