Skip to main content
Actualidade

O BNG de Castro de Rei esixe explicacións ao goberno municipal sobre a falta de facultativos

Por 4 Setembro, 2020Sin comentarios

O BNG en Castro de Rei esixe explicacións ao goberno municipal sobre a actual situación que padecen os centros de saúde do Concello, os que están sufrindo carencias de persoal para a atención sanitaria da veciñanza.

Desde o bloque resaltan que a crise da covid-19 non sexa a escusa para recortar na sanidade. Porén, reclaman o pleno funcionamento dos centros de saúde coa garantía de persoal para a súa atención.

“Non é de recibo que as veciñas e veciños deste Concello sigan recibindo este trato, e máis na situación sanitaria na que nos atopamos” indicou a voceira municipal Digna Lagarón, o que pide que se esixan responsabilidades desde o Concello ante a Consellería de Sanidade e o SERGAS pola falta de facultativos.

Lagarón sinalou que “no centro de saúde de Castro de Rei segue pechado por non haber nin un só sanitario e no de Castro Ribeiras de Lea atopámonos sen a substitución dos médicos que se precisan”

A concelleira nacionalista xa presentou un escrito ante a xerencia do Sergas na área sanitaria de Lugo preguntando pola problemática, o cal aínda non existe resposta.

“Precisamos dunha atención primaria forte, na que todas e todos teñamos o mellor servizo, os servizos públicos son imprescindíbeis para a sociedade tal como reflectiu esta crise sanitaria” declarou a voceira municipal.