Skip to main content
A PastorizaActualidade

O CIN de Bretoña pecha o seu primeiro ano lastrado en visitas polo confinamento

Por 4 Setembro, 2020Sin comentarios

O CIN de Bretoña vén de pechar o seu ano inaugural achegándose ás preto do millar de visitas. Este centro de interpretación, que abriu as súas portas por primeira vez en agosto do ano pasado tivo un comeza lastrado pola acción do coronavirus que obrigou ao peche do mismo durante os meses de confinamento.

Agora, tras reabrir as súas portas este mes de agosto superou o centenar de visitas, cantidade que esperan seguir aumentando  cando se reanuden as visitas escoalres.

O Centro de Interpretación de Bretoña, que está en continuo crecemento ofrece  un claro e explicativo percorrido pola historia da diocese de Britonia e o legado do pobo bretón no territorio galego.

O CIN reabriu as súas portas a primeiros do mes de xullo baixo unhas estrictas medidas de seguridade sanitaria xa que, como no resto de centros similares, o aforo está restrinxido e o uso de máscara é obrigatorio, ademais doutro tipo de medidas.