Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Abre o prazo de inscrición para os talleres da Aula CeMIT de Guitiriz

Por 7 Setembro, 2020Sin comentarios

Hoxe, 7 de setembro, abre o prazo para realizar a inscrición nos talleres de informática do Concello de Guitiriz. As prazas son limitadas, polo que haberá que realizar a inscrición na Aula CeMIT de Guitiriz, que será onde se impartan os cursos.

O primeiro dos cursos será un taller sobre correo electrónico que se impartirá do 15 ao 17 de setembro. O seguinte será outro sobre Google Drive os días 22, 23 e 29 de setembro. Haberá dúas  quendas horarias dispoñibles, polas mañás de 10:00 a 12:00 horas e polas tardes de 16:30 a 18:30 horas.

Os intersados en obter máis información ou inscribirse poden facelo no 982 370 062 ou no correo cemit.guitiriz@xunta.gal