As visitas turísticas en Meira repuntaron en agosto

O Concello de Meira rexistrou uns bos datos de visitas na Oficina de Turismo durante este mes de agosto.

A oficina estivo pechada deste outubro do 2019 ata febreiro por baixa da responsable de turismo, Yoani Jartín, e despois volveu pechar dende o 13 de marzo ao 20 de maio por confinamento por mor do coronavirus, despois volveu abrir as súas portas o 21 de maio ata o 15 de xuño pero en modo desescalada.

Durante febreiro as visitas ascenderon a 169, é dicir, 171 persoas máis que no 2019, pero xa en marzo as cifras caeron en picado de 451 persoas en 2019 a 88 neste ano.

En maio, 8 persoas pasaron polo Concello de Meira, aínda que con contagotas, pero foron subindo pouco a pouco e xa en xuño recuperouse a boa cifra de 144 visitas, aínda que nada que ver coas 603 do ano pasado.

A cifra de visitantes subiu a 390, lonxe quedaban os 639 de 2019, sin embrago en agosto  recuperonuse unha boa cantidade de turistas no Concello chegando aos 1415, un cifra moi boa comparada cos meses anteriores.

Estes días retómase o horario habitual da oficina, deixando atrás o horario de verán e xa dende o luns 7 ata o luns 21 de setembro a oficina estará pechada por vacacións.

Etiquetas